jueves, 3 de mayo de 2012

INSERCIÓN DUN DOCUMENTO DE GOOGLE

Actualmente Google DOCS permítenos traballar con documentos de varios tipos, texto, presentacións, debuxos, formularios, follas de cálculo... co valor engadido de poder traballar online e compartir fácilmente os nosos traballos. Tamén podemos subir documentos PDF a google e logo compartilos. Vexamos como facelo.
En primeiro lugar temos que insertar o seguinte código no noso blog usando a pestana HTML:



<iframe height="480"src="URL;pid=explorer&amp;a=v&amp;chrome=false&amp;embedded=true" width="100%"></iframe>


 Logo temos que crear un documento en Google DOCS ou subir ao mesmo un arquivo PDF.


A continuación obtemos o "link" ou URL do noso arquivo e pegámolo en lugar do URL destacado en vermello no código.


Actualizamos a entrada e xa temos o noso documento insertado.


Consello: podemos xogar coas variables heigth e width (en verde no código) para adaptar a altura e anchura do documento no blog.


Consello: Según como configuremos as opcións para compartir o documento en google DOCS o visitante do noso blog poderá simplemente visualizar o documento ou tamén editalo.


Estes son dous exemplos do resultado. No primeiro caso un documento de texto de Google DOCS e no segundo caso un PDF subido a Google:



jueves, 15 de marzo de 2012

INCLUSIÓN DUN VISOR DE VIDEO

Se temos un arquivo de video FLV  aloxado nalgún sitio (servidor de internet, un sitio web, unha páxina de google sites, na páxina do centro...). Podemos visualizalo desde o seu aloxamento usando un visor de video FLV como o seguinte:





Vexamos como facelo:


1. Vamos á páxina dalgún visor online. Por exemplo este: FLV Player. Como di na propia páxina é de código aberto, gratuito e configurable.
Hay varias versións. Nós imos usar a versión MAXI.


2. Agora escollemos 'Generator' no menú da dereita.


3. Na paxina que se abre pegamos no lugar indicado (1) a ruta ou URL do noso arquivo de video FLV.
Despois, se queremos, podemos escoller (2) un ancho (width) e alto (height) para o video e facemos clic en 'Category'.



4. En 'Category' escollemos 'Buttons of the player bar' para engadir ao visor botóns de navegación e outros que faciliten o manexo ao usuario. Podemos deixalo así:


5. Xa podemos copiar o código que aparece en HTML code e pegalo no blog.


AVISO. O procedemento que acabamos de ver é unha forma rápida de incrustar o video no blog pero hai que ter en conta que mentres que o video o temos aloxado nun servidor que controlamos (podemos borrar o volver subir o video en calquera momento), o visor ou reproductor  non está no noso servidor e se o dono decide borralo, todos os nosos videos deixarán de verse.

Para evitar este problema teriamos que aloxar tamén o visor no servidor que controlamos.

Para máis información sobre este tema ou visores alternativos podedes visitar estes enlaces: