jueves, 3 de mayo de 2012

INSERCIÓN DUN DOCUMENTO DE GOOGLE

Actualmente Google DOCS permítenos traballar con documentos de varios tipos, texto, presentacións, debuxos, formularios, follas de cálculo... co valor engadido de poder traballar online e compartir fácilmente os nosos traballos. Tamén podemos subir documentos PDF a google e logo compartilos. Vexamos como facelo.
En primeiro lugar temos que insertar o seguinte código no noso blog usando a pestana HTML:



<iframe height="480"src="URL;pid=explorer&amp;a=v&amp;chrome=false&amp;embedded=true" width="100%"></iframe>


 Logo temos que crear un documento en Google DOCS ou subir ao mesmo un arquivo PDF.


A continuación obtemos o "link" ou URL do noso arquivo e pegámolo en lugar do URL destacado en vermello no código.


Actualizamos a entrada e xa temos o noso documento insertado.


Consello: podemos xogar coas variables heigth e width (en verde no código) para adaptar a altura e anchura do documento no blog.


Consello: Según como configuremos as opcións para compartir o documento en google DOCS o visitante do noso blog poderá simplemente visualizar o documento ou tamén editalo.


Estes son dous exemplos do resultado. No primeiro caso un documento de texto de Google DOCS e no segundo caso un PDF subido a Google:



jueves, 15 de marzo de 2012

INCLUSIÓN DUN VISOR DE VIDEO

Se temos un arquivo de video FLV  aloxado nalgún sitio (servidor de internet, un sitio web, unha páxina de google sites, na páxina do centro...). Podemos visualizalo desde o seu aloxamento usando un visor de video FLV como o seguinte:





Vexamos como facelo:


1. Vamos á páxina dalgún visor online. Por exemplo este: FLV Player. Como di na propia páxina é de código aberto, gratuito e configurable.
Hay varias versións. Nós imos usar a versión MAXI.


2. Agora escollemos 'Generator' no menú da dereita.


3. Na paxina que se abre pegamos no lugar indicado (1) a ruta ou URL do noso arquivo de video FLV.
Despois, se queremos, podemos escoller (2) un ancho (width) e alto (height) para o video e facemos clic en 'Category'.



4. En 'Category' escollemos 'Buttons of the player bar' para engadir ao visor botóns de navegación e outros que faciliten o manexo ao usuario. Podemos deixalo así:


5. Xa podemos copiar o código que aparece en HTML code e pegalo no blog.


AVISO. O procedemento que acabamos de ver é unha forma rápida de incrustar o video no blog pero hai que ter en conta que mentres que o video o temos aloxado nun servidor que controlamos (podemos borrar o volver subir o video en calquera momento), o visor ou reproductor  non está no noso servidor e se o dono decide borralo, todos os nosos videos deixarán de verse.

Para evitar este problema teriamos que aloxar tamén o visor no servidor que controlamos.

Para máis información sobre este tema ou visores alternativos podedes visitar estes enlaces:









sábado, 16 de abril de 2011

CREACIÓN DUNHA PÁXINA PARA ALOXAR ARQUIVOS EN GOOGLE SITES

O feito de dispoñer dunha conta de GOOGLE nos permite crear páxinas e mesmo sitios web propios. Entre as plantillas que nos ofrece GOOGLE SITES hai unha que nos vai ser moi útil. Trátase dunha páxina para aloxar arquivos de forma ordenada a través do mesmo sistema de cartafoles que usamos habitualmente no  noso disco duro.

De seguido veremos como crear unha páxina deste tipo e como comezar a usala.

viernes, 15 de abril de 2011

INSERTAR AUDIO EN BLOGGER

BLOGGER é un sistema de creación de blogs bastante sinxelo. Isto ten as súas avantaxes como que é fácil de aprender; pero tamén ten limitacións, como o feito de que ten un número de ferramentas limitadas nalgúns aspectos. Así, por exemplo, á hora de editar unha entrada dispoñemos dun número bastante limitado de tipos e tamaños de letras; non podemos insertsr unha táboa para organizar o contido temos un número limitado de cores, etc.
Pero quizás o punto máis frouxo de BLOGGER é que, aínda que dispón dunha ferramenta para insertar videos propios ou a través de youtube, non permite insertar un arquivo de son (mp3, ogg, wav...) Nesta entrada veremos como solucionar este tema.

Para poder escoitar un determinado arquivo de audio no blog (un MP3 por exemplo) necesitamos ter almacenado o arquivo en cuestión nalgún lugar de internet. Ademáis necesitaremos facer uso dalgún reproductor aloxado en internet ou aloxar un nós mesmos.

Hay moitos sitios que de forma gratuita nos ofrecen a posibilidade de almacenar arquivos (tamén os hai de pago). Estes sitios funcionan como unha especie de disco duro virtual online.pero dado que xa temos unha conta de GOOGLE unha boa slución é ir a Google Sites e crear unha páxina onde almacenalos  (en breve farei un tutorial sobre o tema).

Unha vez que teñamos o reproductor e os nosos MP3 aloxados temos que insertar un código como o seguinte na entrada na que esteamos a traballar (en modo Edición HTML) substituindo as partes en vermello pola URL do reproductor e a parte en verde pola URL do arquivo que queiramos reproducir:

 <object type="application/x-shockwave-flash" data="dewplayer.swf" width="600" height="20" id="dewplayer" name="dewplayer">
<param name="movie" value="dewplayer.swf" />
<param name="flashvars" value="mp3=test.mp3" />
<param name="wmode" value="transparent" />
</object>


Aqui tedes outra versión onde xa vos puxen eu un reproductor axeitado. O único que tedes que facer é subir o MP3 e substituir a parte en verde pola súa URL.


<object type="application/x-shockwave-flash" data="https://sites.google.com/site/englishontourarchives/archives-englishontour/dewplayer-rect.swf" width="600" height="20" id="dewplayer" name="dewplayer">
<param name="movie" value="https://sites.google.com/site/englishontourarchives/archives-englishontour/dewplayer-rect.swf" />
<param name="flashvars" value="mp3=test.mp3" />
<param name="wmode" value="transparent" />
</object>

E aquí tedes o resultado:





E por último outros dous reproductores que podedes insertar no blog e que, como no caso anterior, só tedes que sustituir a parte marcada en verde pola URL do voso MP3.

O primeiro é o de Google Reader:

<object width="350" height="27" id="movie" type="application/x-shockwave-flash" data="http://www.google.com/reader/ui/3523697345-audio-player.swf?audioUrl=URL del archivo MP3"> <param name="movie" value="http://www.google.com/reader/ui/3523697345-audio-player.swf?audioUrl=URL del archivo MP3" />
<param name="wmode" value="transparent" >
<param name="allowScriptAccess" value="never">
<param name="flashvars=" value="playerMode=embedded">
</object>


Este é o resultado:




O segundo é de Gmail:

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="250px" height="27px" align="middle"> <param name="allowScriptAccess" value="always" />
<param name="movie" value="http://mail.google.com/mail/html/audio.swf"/>
<param name="FlashVars" value="audioUrl=URL del archivo MP3"/>
<param name="wmode" value="transparent" />
<embed id="Player" src="http://mail.google.com/mail/html/audio.swf?audioUrl=URL del archivo MP3"
wmode="transparent" width="250px" height="27px" name="Player" align="middle" allowScriptAccess="always" type="application/x-shockwave-flash" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" /> </object>


E éste é o resultado:



En caso de que queirades profundizar neste tema votádelle unha ollada a estas ligazóns:

Dewplayer
Tutorial Drewplayer
Uso de Gmail y Google Reader para reproducir sonido en tu blog

domingo, 10 de abril de 2011

PLANTILLAS. Instalación

Cando visitemos unha páxina con plantillas gratuitas para BLOGGER o normal é que a páxina nos ofreza dúas opcións:

DEMO (ver, visualizar, prueba, test...)
DESCARGAR (Download)














A primeira das opcións permítenos ver como quedaría unha páxina dun blog con esa plantilla en particular.
A segunda opción descargará no noso ordenador un arquivo comprimido zip que descomprimiremos. Unha vez descomprimido veremos que conten á súa vez varios arquivos. Destes arquivos o que nos interesa realmente é o que ten a extensión .XML.
Para instalalo faremos o seguinte:

1  En BLOGGER vamos a Diseño ----> Edición de HTML ---->Realizar copia de seguridad/Restaurar plantilla.
Unha vez aquí pulsamos no botón EXAMINAR e vamos buscar o noso arquivo .XML.
A continuación pulsamos no botón SUBIR e finalmente (na parte de abaixo da páxina) GUARDAR PLANTILLA.













2  Algunhas páxinas nos ofrecen directamente o códicgo HTML. Neste caso non temos que baixar nada. É moito máis fácil. Só temos que copiar este texto e pegalo na ventana de EDITAR PLANTILLA borrando previamente o código orixinal. A continuación acptamos en GUARDAR PLANTILLA.

ATENCIÓN!!

En canto fagamos a sustitución do código orixinal polo novo non dispoñemos de ningún botón que nos permita desfacer o cambio. Por eso é recomendable que si queremos consevar a nos páxina orixinal o fagamos premendo no botón  descargar plantilla completa previamente a calquera cambio que fagamos.

PLANTILLAS GRATUITAS PARA BLOGGER

Aínda que as plantillas que nos ofrece BLOGGER por defecto son suficientes para comezar co noso blog, tal vez decidamos darlle outra apariencia sen demasiado esforzo. Se é así a opción máis cómoda é obter plantillas gratuitas para BLOGGER.
Fácilmente poderemos atopar estas plantillas tecleando en google:
plantillas blogger gratis
blogger free templates
De todas formas aquí tedes algúns enlaces que nos levan a repositorios de plantillas moi completos:

viernes, 8 de abril de 2011

BLOG. ESTADÍSTICAS

Na solapa estadísticas podemos ver unha serie de informes e gráficos sobre o noso blog.