Vexamos como facelo:
1. Vamos á páxina dalgún visor online. Por exemplo este: FLV Player. Como di na propia páxina é de código aberto, gratuito e configurable.
Hay varias versións. Nós imos usar a versión MAXI.
2. Agora escollemos 'Generator' no menú da dereita.
3. Na paxina que se abre pegamos no lugar indicado (1) a ruta ou URL do noso arquivo de video FLV.
Despois, se queremos, podemos escoller (2) un ancho (width) e alto (height) para o video e facemos clic en 'Category'.
4. En 'Category' escollemos 'Buttons of the player bar' para engadir ao visor botóns de navegación e outros que faciliten o manexo ao usuario. Podemos deixalo así:
5. Xa podemos copiar o código que aparece en HTML code e pegalo no blog.
AVISO. O procedemento que acabamos de ver é unha forma rápida de incrustar o video no blog pero hai que ter en conta que mentres que o video o temos aloxado nun servidor que controlamos (podemos borrar o volver subir o video en calquera momento), o visor ou reproductor non está no noso servidor e se o dono decide borralo, todos os nosos videos deixarán de verse.
Para evitar este problema teriamos que aloxar tamén o visor no servidor que controlamos.
Para máis información sobre este tema ou visores alternativos podedes visitar estes enlaces:



