jueves, 15 de marzo de 2012

INCLUSIÓN DUN VISOR DE VIDEO

Se temos un arquivo de video FLV  aloxado nalgún sitio (servidor de internet, un sitio web, unha páxina de google sites, na páxina do centro...). Podemos visualizalo desde o seu aloxamento usando un visor de video FLV como o seguinte:





Vexamos como facelo:


1. Vamos á páxina dalgún visor online. Por exemplo este: FLV Player. Como di na propia páxina é de código aberto, gratuito e configurable.
Hay varias versións. Nós imos usar a versión MAXI.


2. Agora escollemos 'Generator' no menú da dereita.


3. Na paxina que se abre pegamos no lugar indicado (1) a ruta ou URL do noso arquivo de video FLV.
Despois, se queremos, podemos escoller (2) un ancho (width) e alto (height) para o video e facemos clic en 'Category'.



4. En 'Category' escollemos 'Buttons of the player bar' para engadir ao visor botóns de navegación e outros que faciliten o manexo ao usuario. Podemos deixalo así:


5. Xa podemos copiar o código que aparece en HTML code e pegalo no blog.


AVISO. O procedemento que acabamos de ver é unha forma rápida de incrustar o video no blog pero hai que ter en conta que mentres que o video o temos aloxado nun servidor que controlamos (podemos borrar o volver subir o video en calquera momento), o visor ou reproductor  non está no noso servidor e se o dono decide borralo, todos os nosos videos deixarán de verse.

Para evitar este problema teriamos que aloxar tamén o visor no servidor que controlamos.

Para máis información sobre este tema ou visores alternativos podedes visitar estes enlaces:









No hay comentarios: