domingo, 10 de abril de 2011

PLANTILLAS. Instalación

Cando visitemos unha páxina con plantillas gratuitas para BLOGGER o normal é que a páxina nos ofreza dúas opcións:

DEMO (ver, visualizar, prueba, test...)
DESCARGAR (Download)














A primeira das opcións permítenos ver como quedaría unha páxina dun blog con esa plantilla en particular.
A segunda opción descargará no noso ordenador un arquivo comprimido zip que descomprimiremos. Unha vez descomprimido veremos que conten á súa vez varios arquivos. Destes arquivos o que nos interesa realmente é o que ten a extensión .XML.
Para instalalo faremos o seguinte:

1  En BLOGGER vamos a Diseño ----> Edición de HTML ---->Realizar copia de seguridad/Restaurar plantilla.
Unha vez aquí pulsamos no botón EXAMINAR e vamos buscar o noso arquivo .XML.
A continuación pulsamos no botón SUBIR e finalmente (na parte de abaixo da páxina) GUARDAR PLANTILLA.













2  Algunhas páxinas nos ofrecen directamente o códicgo HTML. Neste caso non temos que baixar nada. É moito máis fácil. Só temos que copiar este texto e pegalo na ventana de EDITAR PLANTILLA borrando previamente o código orixinal. A continuación acptamos en GUARDAR PLANTILLA.

ATENCIÓN!!

En canto fagamos a sustitución do código orixinal polo novo non dispoñemos de ningún botón que nos permita desfacer o cambio. Por eso é recomendable que si queremos consevar a nos páxina orixinal o fagamos premendo no botón  descargar plantilla completa previamente a calquera cambio que fagamos.

No hay comentarios: