De seguido veremos como crear unha páxina deste tipo e como comezar a usala.
En primeiro lugar temos que entrar en GOOGLE coa nosa identificación (usuario e contrasinal).
A continuación facemos clic en Más ----> Sites.
Escollemos crear un sitio novo.
Agora temos que darlle un nome ao noso sitio web (1), darlle un nome á URL (2), escribir o captcha (3) e, por último, crear o sitio.
Éste é o resultado (pode cambiar a apariencia dependendo da plantilla escollida por defecto).
Aquí podemos...
(1) Crear unha páxina nova que formará parte do noso sitio web.
(2) Editar a páxina principal do sitio (o que cae fora do propósito deste tutorial. De todas formas invítovos a explorar o que hai detrás deste botón).
Escollemos pois crear unha páxina nova e de entre as opciones que nos ofrecen escollemos (1) archivador, (2) dámoslle un nome á páxina e (3) a creamos.
Esto é o que obtemos.
Esta será a páxina que nos permita xestionar o noso almacén de arquivos. Podemos:
(1) Engadir arquivo.
(2) Crear cartafoles e mover os arquivos a eles.
(3) Eliminar arquivos.
(4) Suscribirnos aos cambios da páxina.
Facemos clic en Añadir archivo.
Aquí temos que:(1) Buscar no noso ordenador o arquivo que queiramos subir.
(2) Ou ben pegar a URL dun arquivo en internet.
(3) Darlle o nome que queremos que teña na páxina (non ten por qué coincidir co nome real do arquivo).
(4) Podemos facer unha breve descrición do arquivo.
(5) Subimos o arquivo á páxina.
Aquí vemos como se almacena o arquivo.
Podemos ver a información relativa ao mesmo e podemos:
(1) Ver o arquivo sin descargalo no ordenador (sempre que teña un visor axeitado asociado).
(2) Descargar o arquivo ao ordenador.
Para obter a URL do arquivo facemos clic co botón dereito en Ver e logo gardamos a ruta do enlace.







1 comentario:
Una buena iniciativa! :)
Publicar un comentario